Friday 10 de May de 2024

XIX Trofeo de Volei Concello de San Sadurniño


O Aldebarán-Intasa caeu na final do trofeo municipal contra o Textil Santanderina por 0-3.

Con todo, o novo Aldebarán da Superliga deixoulle bo sabor de boca á afección, tendo en conta que levan adestrando escasos días e cunha chea de incorporacións novas (e algunhas moi potentes que aínda non se incorporaron).

O de hoxe foi un primeiro test da maquinaria, composta por pezas fantásticas que só precisan pequenos axustes e tempo de rodaxe para funcionar á perfección.
Faltan aínda dúas semanas para que arranque a liga. Un prazo ben xustiño pero suficiente para que Calafell o poña todo a punto, co obxectivo de deixar ben claro que este Aldebarán-Intasa chegou á máxima categoría do volei estatal para quedar.